empreGO!

16 de abril do 2010

A alfombra fucsia

Todo acto que se prece é precedido dun deslumbrante paseo dos convidados polo camiño que os leva ata as instalacións onde se celebrará o acontecemento. Nós, se cadra non entregamos premios, pero gústanos que os nosos convidados sexan tratados como estrelas, porque verdadeiramente o son. Así, a través da nosa alfombra fucsia particular iremos desvelando pouco a pouco os nomes dos convidados que se concentrarán na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra os días 5 e 6 de maio.

Que soen os ruídos dos flashes e os gritos do público que se congrega ás beiras da alfombra fucsia. O primeiro en saír do coche é…

Santiago Romero

Comezou no mundo publicitario no ano 1987. Durante todo este tempo traballou nas axencias Euro-RSCG, Solución, BDDP Mancebo Kaye, Vitruvio Leo Burnett, Grey & Trace para clientes como Chesterfield, Lucky Strike, Vía Digital, Airtel, Frenadol, Marqués de Riscal, Fiat, Nokia… Vén de fundar recentemente a axencia Verve Audiovisual na cidade de Vigo.
No seu palmarés internacional atopamos varios premios no Festival Internacional de Cannes [un León de Ouro en TV e outro de Bronce na mesma categoría], no Shortlist TV [catro] e nos Clio Awards [dous bronces]. A nivel nacional foi galardoado varias veces nos premios do Club de Creativos, no Festival de San Sebastián e no FIAP (Festival Iberoamericano de Publicidad).
A súa poñencia en empreGO! levará por nome
“O empregador ante o Currículum Vitae. Como lla podo coar?”.

Deixa un comentario