empreGO!

24 de abril do 2010

Miami’s alfombra fucsia

Hai invitados que veñen desde moi lonxe. Non desde Miami propiamente dito, onde poderíamos estar agora tomando o sol e tomándolle algo baixo unha palmeira, pero si desde a Miami Ad School de Madrid chega o noso seguinte convidado a empreGO! A alfombra fucsia só é unha mostra das estrelas que andarán entre os días 5 e 6 de maio pola Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. A semana que vén teredes grandes sorpresas, así que atentos ás vosas pantallas.

Mentras, pola alfombra fucsia pasa…

Eduardo Lozano


Leva máis de 20 anos traballando, primeiro como redactor publicitario e despois como director creativo. Traballou en oito axencias, sendo director creativo de Remo, Scholz & Friends e EuroRSCG. Durante todo este tempo traballo para clientes como Telefónica, Grupo Vips, Jazztel, Mitsubishi, Calle 13, Control, Peugeot ou CocaCola. Desde hai dous anos traballa en Libre, a súa propia axencia de publicidade virtual, construída en torno á primeira e máis importante base de datos de creativos do noso país.
A súa poñencia en empreGO! levará por nome “Que fai un creativo publicitario? Pódese vivir da creatividade?”.

Imaxe da Miami Ad School Madrid

Deixa un comentario