empreGO!

21 de abril do 2010

En tacóns pola alfombra fucsia

En empreGO! seguimos botando por terra o mito de que no ámbito publicitario hai moi poucas mulleres. Ás probas nos remitimos: a maioría do alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación son rapazas. A María Juanatey úneselle entón unha das grandes do panorama publicitario español.

Atención, paparazzis, o ruído dos tacóns vaise achegando…

Concha Wert


É licenciada en Xornalismo pola Complutense de Madrid e Master en Xornalismo pola Universidde de Carolina do Norte, en Chapel Hill. Traballou como xornalista na televisión autonómica balear, e ao volver dos Estados Unidos integrouse na axencia de noticias OTR [Grupo Zeta]. No 1989 foi contratada como redactora de internacional da revista especializada en publicidade Anuncios, da que logo pasaría a ser redactora xefe e máis tarde subdirectora. En 1996 deixa o seu cargo para integrarse en Consultores de Publicidad como directora de selección da axencia. Tres anos despois, no 1999 e a instancias dun grupo de creativos, colaborou na fundación do Club de Creativos de España. Desde ese mesmo ano desempeña a xerencia da organización, compatibilizando o seu cargo coa colaboración na edición de libros e na redacción de artigos xornalísticos.
A súa poñencia en empreGO! levará por nome “Quero irme a Madrid a buscar traballo. Que teño que facer?”.

Imaxe de Sergio Ortega

Deixa un comentario