empreGO!

20 de abril do 2010

Volver …pisando a alfombra fucsia

Un mítico anuncio de televisión di que hai que volver á casa polo Nadal, pero se se presenta a oportunidade de volver antes de que esa data sinalada chegue para pisar unha alfombra fucsia, a invitación sempre é ben recibida. A estrela de hoxe coñece moi ben este lugar, pero agora vén pisando máis forte ca nunca.

A porta da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación rodéase de paparazzis para recibir, agora como estrela a …

María Juanatey

Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, e polo tanto exalumna da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. Como gañadora do Versus’08,  o concurso organizado polo Club de Creativos, recibiu o premio do Tour CdC, no que realizou durante os dous últimos meses do 2008 campañas pre-profesionais para axencias como OgilvyOne, Revolution, Sra. Rushmore, Remo D6, McCann Erickson ou Tiempo BBDO. Logo desta experiencia, foi training en Remo D6, onde elaborou campañas centradas especialmente en below the line para clientes como Digital+, Sanitas, Sci-Fi ou Madrid Xanadú. Na actualidade é copy junior en BAP&Conde.
Volverá á facultade na que estudou para falarnos en empreGO! da súa propia experiencia.

Deixa un comentario