empreGO!

19 de abril do 2010

Estendendo a alfombra fucsia

Segue o desfile de nomes das grandes figuras que virán a empreGO! os días 5 e 6 de maio á Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. Ao ver un coche ao lonxe o público achégase á alfombra fucsia. Quen será o seguinte en desfilar por aquí?

O segundo en ser asaltado polos paparazzis é…

Rafa Antón


Logo de ter estudado Publicidade na Complutense, desenvolveu toda a súa carreira en Vitruvio Leo Burnett Madrid como director creativo executivo dende 1996. A finais do 2009 renunciou ao seu posto na coñecida axencia para fundar o seu propio proxecto, China, que abriu as súas portas en febreiro deste mesmo ano.
Foi xurado en case tódolos festivais internacionais de publicidade do mundo [Cannes, D&AD, One Show, ADCNY, Clio, LIA, Young Guns ou The Advertising Cup] e presidente do Club de Creativos de España entre os anos 2007 e 2009.
A súa poñencia en empreGO! levará por nome “Este é o meu portfolio”.

Imaxe de Verve Audiovisual

Deixa un comentario