empreGO!

12 de abril do 2010

Ola mundo!

QUE É empreGO!?

empreGO! é un obradoiro activo de busca de emprego no mercado publicitario pensado para estudantes dos últimos cursos e recén egresados das licenciaturas en Publicidade e Relacións Públicas e Comunicación Audiovisual.

COMO O FACEMOS?

Durante dous días, os participantes poderán asistir a conferencias e escoitar os consellos de profesionais do ámbito publicitario que os orientarán para abrirse camiño no competido mercado laboral ao que pronto se enfrontarán. De xeito paralelo os participantes terán a posibilidade de presentar os seus currículos e portfolios cara a cara con responsables de selección de axencias de ámbito autonómico e estatal.

CANDO E ONDE?

5 e 6 de maio de 2010 na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo.

QUEN O ORGANIZA?

Os responsables deste experimento son Jorge Lens, Chechu Pérez e Alberto Dafonte, profesores da Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo.

QUERO APUNTARME!!

En breve habilitaremos un formulario de inscrición na web. A matrícula é gratuíta e contamos coa concesión dun crédito de libre elección para estudantes de Publicidade e Relacións Públicas e Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo.

QUERO SABER MÁIS!!

Séguenos en facebook e twitter para estar ao tanto de todo o que se está cocendo en empreGO! día a día.

Deixa un comentario