empreGO!

26 de abril do 2010

As acreditacións e a alfombra fucsia ao completo

Logo do desfile dalgúns dos convidados pola nosa alfombra fucsia virtual, chegou o momento que moitos de vós estabades agardando. Seguindo cos descubrimentos, hoxe tócalle o turno ao programa ao completo, que tamén poderedes atopar logo do salto.

E, para rematar o luns de sorpresas, tamén habilitamos os formularios de inscrición para os estudantes ou licenciados que desexen participar en empreGO!. Lembramos que a inscrición e asistencia a empreGO! é imprescindible para a expedición do diploma, para o recoñecemento dun crédito de libre elección e que tamén será obrigatorio estar inscrito para poder presentar currículo ou portfolio.

E todo isto, de balde! :D

Ler máis…

21 de abril do 2010

En tacóns pola alfombra fucsia

En empreGO! seguimos botando por terra o mito de que no ámbito publicitario hai moi poucas mulleres. Ás probas nos remitimos: a maioría do alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación son rapazas. A María Juanatey úneselle entón unha das grandes do panorama publicitario español.

Atención, paparazzis, o ruído dos tacóns vaise achegando… Ler máis…

20 de abril do 2010

Volver …pisando a alfombra fucsia

Un mítico anuncio de televisión di que hai que volver á casa polo Nadal, pero se se presenta a oportunidade de volver antes de que esa data sinalada chegue para pisar unha alfombra fucsia, a invitación sempre é ben recibida. A estrela de hoxe coñece moi ben este lugar, pero agora vén pisando máis forte ca nunca.

A porta da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación rodéase de paparazzis para recibir, agora como estrela a … Ler máis…

19 de abril do 2010

Estendendo a alfombra fucsia

Segue o desfile de nomes das grandes figuras que virán a empreGO! os días 5 e 6 de maio á Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. Ao ver un coche ao lonxe o público achégase á alfombra fucsia. Quen será o seguinte en desfilar por aquí?

O segundo en ser asaltado polos paparazzis é… Ler máis…

16 de abril do 2010

A alfombra fucsia

Todo acto que se prece é precedido dun deslumbrante paseo dos convidados polo camiño que os leva ata as instalacións onde se celebrará o acontecemento. Nós, se cadra non entregamos premios, pero gústanos que os nosos convidados sexan tratados como estrelas, porque verdadeiramente o son. Así, a través da nosa alfombra fucsia particular iremos desvelando pouco a pouco os nomes dos convidados que se concentrarán na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra os días 5 e 6 de maio.

Que soen os ruídos dos flashes e os gritos do público que se congrega ás beiras da alfombra fucsia. O primeiro en saír do coche é… Ler máis…

12 de abril do 2010

Ola mundo!

QUE É empreGO!?

empreGO! é un obradoiro activo de busca de emprego no mercado publicitario pensado para estudantes dos últimos cursos e recén egresados das licenciaturas en Publicidade e Relacións Públicas e Comunicación Audiovisual.

COMO O FACEMOS?

Durante dous días, os participantes poderán asistir a conferencias e escoitar os consellos de profesionais do ámbito publicitario que os orientarán para abrirse camiño no competido mercado laboral ao que pronto se enfrontarán. De xeito paralelo os participantes terán a posibilidade de presentar os seus currículos e portfolios cara a cara con responsables de selección de axencias de ámbito autonómico e estatal.

CANDO E ONDE?

5 e 6 de maio de 2010 na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo.

QUEN O ORGANIZA?

Os responsables deste experimento son Jorge Lens, Chechu Pérez e Alberto Dafonte, profesores da Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo.

QUERO APUNTARME!!

En breve habilitaremos un formulario de inscrición na web. A matrícula é gratuíta e contamos coa concesión dun crédito de libre elección para estudantes de Publicidade e Relacións Públicas e Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo.

QUERO SABER MÁIS!!

Séguenos en facebook e twitter para estar ao tanto de todo o que se está cocendo en empreGO! día a día.